fbpx

A QUE ESPERAS PARA SER EL PRIMERO
Que bicicletas son subvencionables?
Subvencionarase, en réxime de concorrencia non competitiva, a adquisición de bicicletas eléctricas novas con pedaleo asistido (que cumpran os requisitos técnicos e de equipamento estándar sinalados no artigo 3 das bases reguladoras).
Requisitos técnicos e de equipamento das bicicletas :
• Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas)
• Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora).
• Cadro ríxido (sen dobre suspensión)
• Luz traseira e dianteira
• Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos os dous de serie
• Pata de cabra ou cabalete
• Cumprimento da Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC

• A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeral (cun límite de 500 €).
• No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600).
• Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).
• Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.

Como pode solicitala?
Para ser beneficiario/a terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publicará nesta páxina antes da data límite de final do prazo de presentación de solicitudes.
Será a entidade colaboradora a encargada de presentar telematicamente a solicitude de axuda.
Ata cando pode solicitar a subvención?
O prazo de presentación das solicitudes comezará o 1 de Agosto do 2022
Finalizará o 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Translate »

Añadir dirección